Inicio > Libros-Discos, Noticias, Recursos > Guía didáctica dos instrumentos galegos – Moisés Quintas

Guía didáctica dos instrumentos galegos – Moisés Quintas

Sábado, 25 de Febreiro de 2012 Escribir un comentario Ir aos comentarios

Moisés Quintas presenta esta tarde ás 20:00 h. nos locais da Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo a súa publicación titulada «Guía didáctica de instrumentos galegos». O autor mostra unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.

  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias