Guía didáctica dos instrumentos galegos – Moisés Quintas

Moisés Quintas presenta esta tarde ás 20:00 h. nos locais da Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo a súa publicación titulada “Guía didáctica de instrumentos galegos”. O autor mostra unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.

Unha sentenza do Supremo anula o Grao aos estudos musicais…

Segundo poidemos ler na web da Cadena Ser, unha recente sentenza do Supremo deixa sen a denominación de grao os estudos superiores de ensinanzas artísticas en España. O fallo afecta a 17.000 alumnos de cinco especialidades, entre elas música o arte dramático, que agora quedan en inferioridade de condicións con respecto aos seus colegas europeos.
Máis información nesta ligazón

MuseScore 1.1

A versión 1.1 do aplicativo de edición de partituras MuseScore ten como finalidade mellorar a súa estabilidade e fiabilidade, a correción de máis de 60 erros, perfeccionar a notación de Jazz e incluír scripts para facilitar o traballo editor neste xénero musical e abrir o aplicativo á comunidade mediante as lapelas de MuseScore Connect, que dá acceso ás partituras compartidas polos usuarios de MuseScore en musescore.com, as últimas noticias publicadas na canle en Twitter e tutoriais de vídeo para comezar con MuseScore.

Para descargalo premer na ligazón.