Inicio > Xeral > XXI Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

XXI Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

Domingo, 8 de Agosto de 2010 Escribir un comentario Ir aos comentarios

No mes de agosto é tradicional a cita co órgano ibérico de Xunqueira de Ambía, Ourense. O XXI Ciclo de Órgano e Música Antiga, organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía co patrocinio do Xacobeo 2010, programa catro concertos os días 8, 15, 22 e 29 de agosto. Este ano o protagonista absoluto do ciclo é Canco López e o grupo Ars Combinatoria. Temos tamén que salientar o concerto do día 22 a cargo do magnífico organista Jesús Gonzalo quen estamos seguros confeccionará un programa atractivo, variado e divertido para o público.
Poden acceder ao programa premendo nesta ligazón.

Categorías: Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias