Arquivo

Arquivo para Luns, 2 de Novembro de 2009

Actividades para escolares de Caixanova 2009

Luns, 2 de Novembro de 2009 Sen comentarios

A organización das Actividades para Escolares de Caixanova está a demostrar, no que atinxe á provincia de Ourense e na área musical, unha falta de criterio obxectivo e unha traición ao carácter cíclico que os organizadores dos diferentes concertos lle queren dar aos seus espectáculos.
Lembremos que hai coma dous eixos:

    A música tradicionalOs instrumentos galegos. Un ano trata sobre os instrumentos galegos e ao seguinte sobre as agrupacións musicais galegas. (Segundo Ciclo de Primaria)
    Instrumentos da orquestraAs formas na música. Un ano trátase de traballar os instrumentos da orquestra e ao seguinte, as formas musicais. (Terceiro Ciclo de Primaria)

O habitual é que estas actividades se contemplen nas programacións da área artística no bloque musical. Constitúen unha ocasión «especial» e moi axeitada de achegarse á música, aos instrumentos, aos intérpretes e ao que significa asistir a un concerto en directo.
Polo tanto, señores organizadores, cando a un centro se lle denega a asistencia a un só destes concertos están a causar un gran dano ao noso alumnado porque se lles rompe a posibilidade de progresión na traxectoria deseñada nos concertos.
Pero cando a un centro se lle denega a participación en TODAS as actividades musicais, o dano é maiúsculo posto que a moitos rapaces e rapazas négaselle a posibilidade de asistir a un concerto e aproveitarse de todos os aspectos positivos citados anteriormente.
Un exemplo disto vai acontecer este curso 2009/2010. Ao noso centro, o curso pasado non lle concederon as actividades de música tradicional. Este curso, non nos concederon ningunha activade musical. Entre outras consecuencias, o alumnado de cuarto de primaria deste curso non poderá xa ter contacto coa actividade arredor da música tradicional.
Seguro que hemos atopar a forma de organizar unhas actividades semellantes no noso propio centro. Botarémoslle imaxinación, moito traballo e non faltará xente con ganas de axudarnos.
Antes de rematar, queremos «felicitar» a Caixanova polo seu «acerto» nas decisións tomadas na organización das actividades deste curso.

Categorías: Xeral Etiquetas: