Arquivo

Arquivo para Venres, 31 de Xullo de 2009

A escala pentatónica, universal.

Venres, 31 de Xullo de 2009 Sen comentarios

A escala pentatónica, formada por cinco sons na que se eliminan os semitons, ten un poder educativo musical excelente. Varios sistemas pedagóxicos Orff, Kodaly, Wuytack téñena coma base do desenvolvemento melódico e das actividades de improvisación, harmonización e de acompañamento harmónico-rítmico.
Bobby McFerrin realiza un experimento co público asistente a un congreso de neurociencia. Toda a súa actuación é moi reveladora desde o punto de vista didáctico. Cando se senta comenta…»O que me resulta máis interesante disto é que non importa onde estea, onde sexa, todas as audiencias o entenden… Non importa onde… É a escala pentatónica…»

World Science Festival 2009: Bobby McFerrin Demonstrates the Power of the Pentatonic Scale from World Science Festival on Vimeo.

Fonte: Hispasonic

Categorías: Xeral Etiquetas: