Inicio > Tecnoloxía Informática, Xeral > Pola democracia no software. Pola democracia no idioma

Pola democracia no software. Pola democracia no idioma

Mércores, 15 de Xullo de 2009 Escribir un comentario Ir aos comentarios

Todos os gobernos fan unhas cousas mellor e outras peor. O bipartito tivo os seus fallos mais unha das cousas boas que fixeron foi a de lanzar o centro de software libre Mancomún. Durante os últimos anos Mancomún mantivo actualizados en galego os programas informáticos máis usados como o navegador (Firefox) ou a ofimática (OpenOffice). O Galinux, un sistema operativo para poder ter a computadora completamente en galego tamén foi unha iniciativa de Mancomún.

Durante a campaña eleitoral o Partido Popular prometeu implantar o software libre, pero agora que están na Xunta ameazan con desmantelar Mancomún, e nós queremos evitalo. Se tí tamén queres que Mancomún continúe funcionando, axúdanos sumándote a esta campaña: clica nesta ligazón para enviarlles agora un correo electrónico.

_________

Nota: esta é unha réplica da nova publicada en ciberirmandade, o luns 13 Xullo 2009, por mor de que A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún. Nova publicada tamén en ciberirmandade.

Categorías: Tecnoloxía Informática, Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias