Inicio > Xeral > Proxecto Galicia XXI

Proxecto Galicia XXI

Luns, 29 de Xuño de 2009 Escribir un comentario Ir aos comentarios

O Proxecto Galicia XXI ten como obxectivos recopilar a música de compositores galegos de todos os tempos para a formación frauta traveseira-piano e traballar moi preto dos compositores vivos para beber da rica fonte do autor para darlle á obra unha interpretación o máis fiel posible á idea orixinal. Outra das finalidades do grupo é seren un incentivo para a creación de música contemporánea para frauta e piano. O proxecto está desenvolvido polos músicos galegos Luis Soto (frauta traveseira) e Diego García (piano).
Saudamos e queremos dar o noso apoio a esta interesante e útil iniciativa no eido musical galego. Máis información nesta ligazón.

Categorías: Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias