Inicio > Música para escoitar > Sonata k 141 Scarlatti

Sonata k 141 Scarlatti

Domingo, 21 de Xuño de 2009 Escribir un comentario Ir aos comentarios

Hoxe é o Día Europeo da Música. No blogue Musicanaescola festexámolo facendo un exercicio de comparación interpretativa. Ademais, os protagonistas son Domenico Scarlatti e a pianista Martha Argerich.
Unha sonata de Scarlatti é unha delicia. Ademais de posuír unha forma musical propia, a sonata bipartita, dous temas que se repiten, esixe un grande virtuosismo e, sobre todo, musicalidade. A influencia da música española da época nótase en bastantes das sonatas de Scarlatti.
Traemos dous exemplos desta Sonata K141 en re menor, interpretados por Martha Argerich, en dúas épocas distintas da súa vida. Aprecian as diferenzas musicais? Interesante exercicio…



Pasou o tempo…

Categorías: Música para escoitar Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias