Inicio > Xeral > Día das Letras Galegas 2009

Día das Letras Galegas 2009

Domingo, 17 de Maio de 2009 Escribir un comentario Ir aos comentarios
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009
Esta terra ten fala
de seu, como unha rosa,
mais un vento de morte
quere tirarlle as follas.


Palabras para o amor,
a xenreira e a loita,
palabras como pétalos,
que rin e tamén choran.


Palabras que dixeron
os avós e as avoas.
Ao falarmos Galego
na nosa voz ecoan.


Palabras dunha lingua
feita á medida nosa,
se as deixamos caer
non teremos Historia.


Marica Campo
Categorías: Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias