Arquivo

Arquivo para Domingo, 10 de Maio de 2009

Minueto – Krieger

Domingo, 10 de Maio de 2009 Sen comentarios
Este Minueto de Krieger, versión para dúas frautas, permite ao alumnado adentrarse no complexo pero fantástico mundo do contrapunto. Este tipo de textura é allea, na meirande parte dos casos, ao mundo musical actual, e sobre todo, ao que enche os reproductores mp3 cos que o alumnado escoita música. Sen embargo, coñecer supón ser máis libre e máis rico. Comezar polo sinxelo constitúe o mellor camiño para poder disfrutar logo de inmensas arquitecturas sonoras de compositores barrocos como Bach, Haendel ou Buxtehude.
Categorías: Partituras, Partituras para clase Etiquetas:

Un maio

Domingo, 10 de Maio de 2009 Sen comentarios

No mes de maio en moitas zonas de Galicia constrúense maios e invéntanse unhas coplas con aire crítico que os neos e os maiores cantan.
En Ourense celébranse o dia 3 de maio, festa da Santa Cruz. Por iso, o maio enxebre é unha pirámide que remata nunha cruz, feita de madeira, tea de saco, brións e colares de carrabouxos e flores de xesta branca e amarela. Logo están os maios artísticos que representan escenas típicas.
Traemos aquí unha cantiga de maio, concretamente de Vilalba (Lugo) que aparece no Cancioneiro de Torner e Bal y Gay. Si, nese cancioneiro que debería estar obrigatoriamente nas aulas de música de todas as escolas galegas… A melodía é alegre cunha inflexión no final da primeira semifrase moi lírica.
Dispoñible en pdf