Pasacaille suite en sol menor – Haendel
Este Passacaille, forma musical baseada nun obstinato sobre o que se realiza unha serie de variacións, pertence á suite en sol menor para clave de Haendel. Desde un punto de vista didáctico supón un exemplo moi claro para apreciar as características desta forma musical. Desde o punto de visto do estudo dos instrumentos de tecla (clave ou piano) posúe variedade técnica pois combina momentos contrapuntísticos con melodía acompañada, escalas, arpexios, paso de polgar…
No blogue http://tic56.wordpress.com/ tedes un premio ben merecido.
Podedes pasar por alí a recollelo.
Saúdos.