Inicio > Xeral > Parodia…

Parodia…

Mércores, 8 de Abril de 2009 Escribir un comentario Ir aos comentarios
Doodley Moore foi un bo actor cómico ademais dun pianista cun grande nivel técnico… Non o sabían? Temos visto algunha película na que toca o piano con bastante solvencia. Tamén realizou parodias musicais. É salientable unha que creou baseándose no estilo de Beethoven nas súas sonatas. Non se lle ocorreu outra cousa que utilizar como tema o da película «A ponte sobre o río Kwai», en modo menor, para desplegar todo un arsenal de recursos utilizados polo compositor alemán e amosarnos a todos que ao piano ten calidade suficiente como para deixarnos sorprendidos…
A comprobarlo…!

Categorías: Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias