Domingo, 22 de Febreiro de 2009
Mércores, 11 de Febreiro de 2009
RTVE-RNE Clásica está a publicar de novo o programa “Sonido y oído“, agora en versión Podcast. “Sonido y oído” é un programa creado por Fernando Palacios onde se amosa todo o arsenal pedagóxico e didáctico-musical do autor cun enfoque moi persoal e creativo. Coas novas tecnoloxías xa podemos descargar os ficheiros e empregalos nos novos medios. Lembremos que hai bastantes anos, RTVE publicou en cinta casete o programa a un prezo bastante caro daquela. Polo tanto, esta é unha oportunidade única.
Sábado, 7 de Febreiro de 2009
Os cursos de Michel Baron, profesor do Conservatorio de Quebec ata a súa xubilación en 2007, destacan por seren sinxelos, claros, cun bo enfoque didáctico, froito dos moitos anos de experiencia no ensino destas materias teóricas e fundamentais para un músico. Son cursos gratuítos e paga a pena consultar as súas páxinas. Para ir a calquera destes cursos, premer na ligazón:
Sábado, 7 de Febreiro de 2009
Isidro Vidal, no seu estupendo sitio Hitzez, realiza unha fermosa presentación de “Clair de Lune” de Debussy. Nela amósase unha serie de fotografías relacionadas co noso satélite e co noso mundo para crear, xunto coa suxerente música, unha atmosfera moi particular.

Venres, 6 de Febreiro de 2009
Acaba de saír a nova versión 0.9.4 do editor de partituras MuseScore. Lembremos que é un programa de balde, dispoñible para Windows e Linux. Entre as novidades desta versión podemos salientar o soporte para o Galego na axuda vía web así como a tradución do interface do programa á nosa lingua.
Prema para descargar.