Arquivo

Arquivo para Xaneiro, 2009

OOoLilyPond

Sábado, 10 de Xaneiro de 2009 Sen comentarios

OOoLilyPond 0.3.3 é unha extensión para OpenOffice que permite inserir de xeito doado anacos de partituras en documentos de texto. Nesta última versión mellorouse moito a instalación da extensión e está preparada para a nova versión estable 2.12 de Lilypond.

Categorías: Tecnoloxía Informática, Xeral Etiquetas:

A páxina de damoru

Domingo, 4 de Xaneiro de 2009 Sen comentarios

As novas tecnoloxías facilitan a creación e a produción musical. Na propia casa é posible ter un conxunto de instrumentos e de ferramentas informáticas coas que dar renda solta á imaxinación musical e escoitar o resultado cunha calidade incrible. Para demostralo poden visitar a páxina dun músico de Pontevedra, damoru, onde amosa o seu traballo compositivo, orquestrador, como inxeñeiro de son …
Acaba de gañar o I Concurso de Villancicos de Intermusic/Hispasonic cunha versión peculiar de «Pero mira como beben…». Non deixen de escoitar temas como «Lo mejor de mí», «O mar de Cíes» ou «Baixo as ondas das rías»… Unha delicia. Ah! Aquí está o enderezo.

Lilypond 2.12.1

Sábado, 3 de Xaneiro de 2009 Sen comentarios

O pasado 31 de decembro de 2008 liberouse a versión estable do editor de partituras libre e multiplataforma Lilypond 2.12.1. Lembremos que este programa é un compilador e que a partitura créase nunha aplicación de texto seguindo unha sintaxe específica. Sobresae a calidade gráfica da partitura xerada.
Entre as principais novidades desta versión destacamos a mellora na detección das colisións de tal xeito que no pentagrama, os obxectos evitan automaticamente coincidir entre eles, facilitando a edición. Tamén destacamos a completa documentación, xa traducida ao castelán, ademais da inclusión de 30 novas características e a corrección de case 200 fallos.

* Lista de novidades
* Descarga de Lilypond 2.12.1
* Documentación de Lilypond 2.12.1

Categorías: Tecnoloxía Informática, Xeral Etiquetas: