O tema de Nokia e… unha fuga

Os teléfonos Nokia traen unha melodía moi popular. Esta melodía está extraída do Grande Valse para guitarra de Tárrega (fíxense no segundo 15):

Agora, inspirándose na técnica compositiva de Bach, apareceu a Fuga Nokia op.31 baseándose neste tema:

Todo sobre a viola

A viola, ese instrumento un chisco máis grande ca o violín, cun son semellante ao tenor, que soe ocupar un lugar secundario na orquestra, encerra unha beleza impresionante no seu son e ten unha historia que vén desde moi aló. Se queren saber todo sobre este fermoso instrumento poden visitar estas dúas ligazóns:

    La viola, las violas. Artigo moi completo con gran cantidade de ficheiros multimedia escrito pola profesora Marián Domínguez, no seu blogue Nosvemosenelblog.