Arquivo

Arquivo para Agosto, 2008

Solfeggio in F – Mozart

Luns, 11 de Agosto de 2008 Sen comentarios

A misa en do menor KV 427 de W.A.Mozart é unha xoia musical pola súa inspiración, pola súa fondura, polo seu lirismo e polos momentos brillantes e de extraordinaria beleza que nos brinda. É música, MÚ – SI – CA. Pode ser creente ou non creente, pero esta música de Mozart chegará ao fondo da alma, non lle deixará indiferente, ten o inmenso poder de elevarnos cara un mundo marabilloso de sons e sensacións. Se non a coñecen, anímense a entrar neste fermoso mundo.

Inspirándose nesta misa, concretamente no fermosísimo Kyrie, Mozart compuxo un exercicio de solfexo, Solfeggio in F , que nós brindámoslle en versión para clarinete e fagote, para que distingan claramente a melodía…

Categorías: Partituras, Partituras de Mozart Etiquetas:

XIX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

Mércores, 6 de Agosto de 2008 Sen comentarios

Os días 17, 24 e 31 de agosto, na Colexiata Santa María A Real de Xunqueira de Ambía, Ourense, ás 20,00 horas, con entrada libre, desenvolverase o XIX Ciclo de Órgano e Música Antiga. Este evento está organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía e subvencionado por CajaDuero e a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.
Un ano máis chega ata nós este ciclo tan fermoso e como de costume, cunha grande calidade nos intérpretes. O día 17 de agosto, tocará Carlos Rodríguez Lajo, organista salmantino que representa á nova xeración de organistas. O día 24 de agosto, será a quenda de Juan de la Rubia, o organista máis galardoado da súa xeración e un auténtico mestre da improvisación. O día 30, Soledad Mendive (Órgano), concertista e profesora de Órgano do CMUS de Ourense e Sergio Guarné (trompeta) toca¡rán a dúo e como solistas, aportando variedade ao ciclo.
Esperamos a calorosa resposta do público que, ano a ano, vén respondendo admirablemente ante a calidade dos músicos e da música que soa dentro deste fermoso templo e que ten como protagonista a ese marabilloso órgano ibérico, que recibimos dos nosos antergos e que, entre todos, temos que coñecer, valorar e mantelo nas mellores condicións posibles. Este é, sen dúbida, un dos obxectivos principais deste ciclo.

Categorías: Xeral Etiquetas:

A Sinfonía nº3 de Beethoven pola Sinfónica de San Francisco

Domingo, 3 de Agosto de 2008 Sen comentarios

A Sinfónica de San Francisco (SFS) con Michael Tilson Thomas está a desenvolver o grande labor de achegarlle as grandes obras sinfónicas de todos os tempos ao público dun xeito moi didáctico. Nesta liña, atopamos un material que facilita a comprensión da Terceira Sinfonía “Heroica” de Beethoven en Mi bemol Maior.
Pódese seguir a partitura, ver á vez un vídeo sincronizado coa mesma e seguir explicacións sobre a forma, a instrumentación, as tonalidades polas que transcorre esta obra. Todo en inglés, pero coa linguaxe musical xa saben que non hai fronteiras…

Terceira Sinfonía pola SFS

Categorías: Música para escoitar Etiquetas:

Fugueta nº 3 – Haendel

Venres, 1 de Agosto de 2008 Sen comentarios

Seguindo coa publicación das “Seis Fuguetas” de Haendel, agora imos coa número 3, unha pequena peza en Re Maior con algúns momentos inspirados.
Fugueta nº 3.
Para descargar a versión en pdf, premer nesta ligazón

Categorías: Partituras, Partituras Haendel Etiquetas: