Inicio > Xeral > Atopada unha nova obra de Bach para órgano

Atopada unha nova obra de Bach para órgano

Xoves, 17 de Abril de 2008 Escribir un comentario Ir aos comentarios

Uns musicólogos da Universidade Martin Luther de Halle -Wittenberg (este de Alemaña) acharon unha composición para órgano de Johann Sebastian Bach da que só se coñecían ata agora os primeiros cinco compases.
Segundo comunicou a universidade, trátase dunha fantasí­a en torno a un coral de Bach, unha copia realizada polo compositor, organista e cantor de Leipzig Wilhelm Rust (1822-1892).
A composición foi analizada exhaustivamente polos expertos Hans-Joachim Schulze e Peter Wollny do arquivo de Bach en Leipzig, polo que a Universidade de Halle non ten dúbida algunha de que se trata dunha obra orixinal do compositor.

Categorías: Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias