Inicio > Xeral > Festival de Música “Espazos sonoros”

Festival de Música “Espazos sonoros”

Domingo, 6 de Abril de 2008 Escribir un comentario Ir aos comentarios

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organiza desde o 9 de abril ata o 14 de xuño, en catedrais, igrexas, pazos… un festival de música co nome Espazos Sonoros.

Desenvolveranse 5 ciclos de concertos: Ciclo de Cámara, Ciclo de Música Antiga, Ciclo de Órgano, Ciclo Vogal e Ciclo de Outros Sons.

Semella unha proposta interesante e un xeito de poñer en valor o patrimonio galego tanto arquitectónico coma musical, así como promocionar a artistas e grupos galegos ou doutros países.

Categorías: Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias