Si, desde logo, unha estupenda sorpresa. Sibelius 3 foi a última versión deste estupendo editor de partituras que se traduciu oficialmente ao Castelán. Agora, nunha mostra de apoio á comunidade hispana, aparece xa a versión Sibelius 5.1 en Castelán. Noroboa!
A Biblioteca Nacional pon a disposición de todos unha serie de obras mestras dixitalizadas, a biblioteca dixital hispánica, para poder ver en liña. Entre as Obras Mestras da Música atópase o libro “Libro de Música para tecla, arpa y vihuela” de Antonio de Cabezón, no que se pode admirar a arte do cifrado.
Neste vídeo, en inglés, amósasenos a forma de construir unha frauta de pico. As imaxes son moi descritivas e compréndese perfectamente o proceso e as súas fases.
Isidro Vidal, no seu sitio Hitzez, segue a sorprendernos con preciosas presentacións con música. Este vez o tema é a chuvia, coa música do segundo movemento do concerto para violín de Vivaldi, O Inverno. Neste tema, os pizzicatos da corda queren asemellar o repeniques das gotiñas de auga no cristal da fiestra, mentres que o violín solista interpreta unha belísima melodía chea de morriña…
iAnalyse é un programa de axuda para a análise musical, dispoñible para MacOS 10.5 Leopard. Permite sincronizar un ficheiro de audio cun conxunto de imaxes, por exemplo, unha partitura e facer anotacións sobre ela para resaltar motivos, estructuras como frases, temas, suxeitos… Pódese crear, ademais, un vídeo coa análise realizada.
Neste vídeo amósase o proceso de fabricación dun clarinete na casa Buffet, unha casa con moita sona. De paso, é posible escoitar unha obra do xénero concertante, moi famosa, para este instrumento.