Inicio > Xeral > Homenaxe a Ángel Barja

Homenaxe a Ángel Barja

Mércores, 12 de Decembro de 2007 Escribir un comentario Ir aos comentarios

O Departamento de Dinamización e Normalización Lingüística do CMUS de Ourense organiza, o próximo martes día 18 de decembro de 2007 ás 20:00 h, na Aula de Órgano, un acto para conmemorar o falecemento do compositor Ángel Barja nacido en Vilardevós. Haberá unha conferencia sobre a vida e obra deste compositor ourensán a cargo de D. Luis Costa, a interpretación de tres pezas para órgano (Canción triste, Suite para un gentil órgano e Tema y variación sobre el tema gregoriano Ave Maris Stella) con Marisol Mendive no instrumento e a actuació do coro Capela Madrigalista que interpretará unha obra vocal do compositor titulada Xan vai.
A asistencia é gratuita.

Categorías: Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias