O cancioneiro de Torner e Bal y Gay

Temos nas nosas mans unha pequena xoia. Trátase da reedición do “Cancionero Gallego” de Martínez Torner e Bal y Gay que a Fundación Pedro Barrié de la Maza vén de realizar co gallo do seu corenta aniversario.
É unha fermosa edición facsímil que conta, ademais, cun magnífico estudo crítico do profesor Carlos Villanueva.
Non sería boa idea que a Consellería de Educación, soa ou xuntamente coa de Cultura, financiasen unha edición menos luxosa deste cancioneiro pero útil e imprescindible para as aulas de música e bibliotecas dos nosos centros de ensino de Primaria, Secundaria e Conservatorios? O estudo deste cancioneiro e a súa adaptación e incorporación ao repertorio escolar revitalizaría e aumentaría o coñecemento e a valoración do noso folclore galego, sería un modelo para futuras investigacións neste eido e contribuiría notable e eficazmente na normalización do Galego. Non sería esta unha inversión totalmente rendible?
Déixense de tanto plan, plan e plan e acometan medidas sinxelas, realistas e eficaces.

A cantata do café – Bach

E seguimos con… Bach. A cantata do café BWV 211 preséntanos unha aria cunha melodía con baixo continuo, soprano e frauta traveseira… É coma se fose un dúo entre a voz e o instrumento de vento madeira. Se queren coñecer o significado da letra, poden visitar este artigo de Nos vemos en el blog.
Tamén poden disfrutar deste Slidecast feito por Marian, con orixinais ilustracións realizadas na escuma do café con leite…