Inicio > Xeral > A ópera-ballet de Rameau

A ópera-ballet de Rameau

Domingo, 30 de Setembro de 2007 Escribir un comentario Ir aos comentarios

Rameau é un dos grandes do Barroco Francés. O seu traballo teórico (sistematizou a harmonía da súa época e comezou dentro dos acordes coas súas inversións), como clavecinista (xunto con Couperin, os dous grandes) e, sobre todo, no terreo da ópera, a ópera-ballet ata chegar á comedia-ballet, fan del unha figura senlleira e única.

Onte puidemos disfrutar da comedia-ballet «Les Paladins«, en MezzoTv, que pasan por Digital+ (por certo, unha marabilla de canle). Pasei un tempo totalmente evadido do mundo escoitando a beleza da música, unha música que soa a popular pero sen ter esa orixe, unha música viva, unha música que che pon en movemento dada a súa riqueza e viveza rítmica e contemplando unha posta en escea áxil, divertida, moderna, que tira partido das novas tecnoloxías, unhas danzas actuais pero con aires da época… Unha realización e un espectáculo completo. ¡Grazas, Mezzo TV!

Categorías: Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias