Domingo, 30 de Setembro de 2007
Rameau é un dos grandes do Barroco Francés. O seu traballo teórico (sistematizou a harmonía da súa época e comezou dentro dos acordes coas súas inversións), como clavecinista (xunto con Couperin, os dous grandes) e, sobre todo, no terreo da ópera, a ópera-ballet ata chegar á comedia-ballet, fan del unha figura senlleira e única.
Onte puidemos disfrutar da comedia-ballet “Les Paladins“, en MezzoTv, que pasan por Digital+ (por certo, unha marabilla de canle). Pasei un tempo totalmente evadido do mundo escoitando a beleza da música, unha música que soa a popular pero sen ter esa orixe, unha música viva, unha música que che pon en movemento dada a súa riqueza e viveza rítmica e contemplando unha posta en escea áxil, divertida, moderna, que tira partido das novas tecnoloxías, unhas danzas actuais pero con aires da época… Unha realización e un espectáculo completo. ¡Grazas, Mezzo TV!
Categorías: Xeral Etiquetas:
Mércores, 26 de Setembro de 2007
Estes días está a soar nos nosos televisores como música dun anuncio duns grandes almacéns un tema coñecido para nós e coñecido por moita máis xente… Nada máis e nada menos que se trata dunha versión do primeiro tema do terceiro movemento da Terceira Sinfonía de Brahms. Empregamos a palabra versión nun amplo senso. A verdade é que a cousa dá noxo. Menuda pobreza musical! Se queren ver o vídeo do anuncio, escoitar a versión íntegra da música feita por Jane Birkin e a versión completa da orixinal de Brahms, visiten o artigo Brahms… y el Corte Inglés de Nos vemos en el blog. Un artigo estupendo que coincide plenamente coa nosa opinión…
Venres, 14 de Setembro de 2007
Nos vemos en el blog continúa a publicación dos vídeos sobre instrumentos. Esta vez é a quenda dos instrumentos de vento.
Xoves, 13 de Setembro de 2007
Carl Phillip Manuel Bach é, posiblemente, o mellor músico da descendencia do xenial J.S.Bach. Xa case dentro do período Clásico, as súas obras semellan unha ponte entre o estilo do Barroco e o novo Clasicismo.
Ofrecemoslles a partitura da obra para piano titulada Solfeggietto .
Domingo, 9 de Setembro de 2007
A Comunidade de Madrid editara a finais dos 90 unha serie de vídeos sobre os instrumentos da orquestra. Nos vemos en el blog veñen de publicar na rede para compartir estes vídeos comezando polos instrumentos de corda.