Inicio > Recursos, Xeral > Usos didácticos de Slideshare en Educación Musical

Usos didácticos de Slideshare en Educación Musical

Martes, 31 de Xullo de 2007 Escribir un comentario Ir aos comentarios

Slideshare constitúe unha ferramenta web que permite introducir presentacións tipo power point, odp (formato de OpenDocument) e pdf en distintas plataformas como CMS, blogs…

Agora Slideshare admite tamén audio, en formato wave (tamaño moi grande dos ficheiros). É o que chaman SlideCast. Se unimos a presentación co audio o resultado dá unha ferramenta moi útil para a Educación Musical. Vexamos algúns exemplos estupendos que Nos vemos en el Blog nos ofrece:

  • Un musicograma do primeiro tempo da Sinfonía nº 40 de Mozart.
  • Un karaoke renacentista que permite escoitar a audición, neste caso o Ave María de Tomás Luis de Victoria, seguir a letra e, de paso, visionar obras de arte da época relacionadas co tema.

Agora podemos pasar a experimentar coa ferramenta. Ánimo!

Matización: SlideCast admite ficheiro mp3, segundo explica Marian no seu comentario.

Categorías: Recursos, Xeral Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias