O Theremin e as ondas Martenot
O Theremin foi o primeiro sintetizador da historia. Inventado polo soviético Thermen en 1919, consta dunha caixa con dúas anteas. A da esquerda (desde o punto de vista do músico) ten forma de bucle e con ela contrólase a intensidade (se aproximas a man baixa o volume e se a alonxas, sobe). A da dereita é unha antea vertical na que se controla a frecuencia (a altura do son): se achegas a man, aumenta a frecuencia (máis agudo) e se alonxas a man, diminúe a frecuencia (máis grave).
Poden comprobalo neste vídeo:
As ondas Martenot é un instrumento electrófono creado por Martenot, violonchelista, inventor e pedagogo musical francés. Consta dun teclado, un altofalante e un xerador de ondas de baixa frecuencia. É un instrumento melódico, só produce un son. Compositores como Martinu, Boulez, Milahaud… compuxeron música para este instrumento.
Neste vídeo explícase, en francés, as ondas Martenot así coma o Theremin, con anaquiños de interpretacións de pezas musicais con estes instrumentos: