Das Klinget – A Frauta Máxica – Mozart
Sábado, 17 de Marzo de 2007
Sen comentarios
Das Klinget é un anaquiño de música de «A Frauta Máxica» de Mozart ben entrañable. A versión aquí ofrecida está realizada para frautas soprano e contralto, carillón e demais PAD. Está transportada a Do maior (o orixinal en Sol Maior). A parte de frauta é moi asequible, tamén os PAD. A parte do carillón resulta máis complicada, pero sempre é posible empregar a partitura como acompañamento… Hai moitas posibilidades.
É posible descargar a partitura en pdf.