Inicio > Libros-Discos > Timoteo e o ladrón de cancións

Timoteo e o ladrón de cancións

Luns, 1 de Xaneiro de 2007 Escribir un comentario Ir aos comentarios

Dentro da colección de contos musicais de Agruparte, e pertencente ás novidades do ano 2006, podemos destacar un conto titulado Timoteo e o ladrón de cancións. Este conto, en Castelán, gañou o I Concurso de Contos Musiciais da FOFGC. O autor da música e do texto é José Antonio Esteban Usano. Un conto interesante, con momentos argumentais e musicais ben conseguidos. Por certo, Timoteo toca a gaita e claro, como non forma parte da orquestra sinfónica, a instrumentación que simula unha gaita é o oboe como punteiro e o corno inglés como roncón coa axuda do clarinete para redondear a melodía. Este sería un bo conto para traducilo ao galego e utilizar a gaita galega coa orquestra, cousa que non tería que escandalizar a ninguén.

Categorías: Libros-Discos Etiquetas:
  1. Aínda sen comentarios
  1. Aínda sen referencias