Sábado, 27 de Xaneiro de 2007
CPDL é un sitio obrigatorio para músicos interesados en partituras para coro. Neste intre, hai máis de oito mil partituras de case 1300 compositores. Todas as partituras están en formato pdf, incluso de moitas delas é posible descargarse os ficheiros fonte. Está montada a páxina nun sistema wiki que facilita a colaboraciónn dos usuarios.
Xoves, 25 de Xaneiro de 2007
Aconsellámoslles, a quen desexen iniciarse na música clásica, estas tres entregas dun estupendo «curso» escrito cun estilo desenfadado, moderno e directo. Estes cursos están no blogue Curiosoperoconarte :
Venres, 5 de Xaneiro de 2007
En versión para órgano ofrecémoslles a peza tan famosa e popular que J.S.Bach incluiu na súa suite nº 3 para orquestra de cordas: Air de Suite en Re Maior BWV 1068.
Para usuarios de Linux ou que só desexen visualizar ou imprimir sen escoitar esta peza, ofrecémola en formato pdf.
Luns, 1 de Xaneiro de 2007
Dentro da colección de contos musicais de Agruparte, e pertencente ás novidades do ano 2006, podemos destacar un conto titulado Timoteo e o ladrón de cancións. Este conto, en Castelán, gañou o I Concurso de Contos Musiciais da FOFGC. O autor da música e do texto é José Antonio Esteban Usano. Un conto interesante, con momentos argumentais e musicais ben conseguidos. Por certo, Timoteo toca a gaita e claro, como non forma parte da orquestra sinfónica, a instrumentación que simula unha gaita é o oboe como punteiro e o corno inglés como roncón coa axuda do clarinete para redondear a melodía. Este sería un bo conto para traducilo ao galego e utilizar a gaita galega coa orquestra, cousa que non tería que escandalizar a ninguén.