Debaixo da figueira - Pelo Gato 24

Xeral No Comments »

Pelo Gato 24 é un novo disco da Asociación de Gaiteiros Galegos para fomentar o canto nas escolas e pór en valor os xogos populares.
Con letra e música do cancioneiro E. Torner e Bal y Gay, o grupo Migallas, interpreta Debaixo da figueira, unha canción con letra acumulativa, tan interesante para traballar a asociación lóxica, a memoria e a coordinación.

Paisaxes sonoras…

Xeral No Comments »

A paisaxe que nos rodea tamén pode ser sonora. Os centos de sons que nos envolven dannos información sobre o noso contorno e os que oímos a cotío convírtense en algo tan próximo que cando nos faltan botámolos de menos. Tamén cando chegamos a un novo lugar sorpredémonos moitas veces da paisaxe sonora que escoitamos.

Galica ten paisaxes sonoras peculiares, coma calquera outro lugar. Nesta web poden atopar e recoñecer algunhas:
www.escoitar.org.

Un xogo de mans: Batom

Xeral No Comments »

Seguimos cos vídeos de alá do Atlántico. Neste, poden observar variantes sobre un xogo de mans, que se poden aplicar aos xogos de mans que as nosas rapazas (e rapaces) desenvolven nos recreos e tempos de lecer. Xa saben que isto dos xogos vai por temporadas: a temporada das canicas, dos xogos de mans, da corda…
Batom

Un xogo de vasos - Escatumbarariré

Recursos Internet No Comments »

Escatumbarariré é un estupendo xogo de vasos para fixar un obstinato e ilo pasando nun corro de rapaces. A verdade é que ten o seu aquel aprendelo… Provén do Brasil e a letra da canción é un xogo de palabras sen sentido, pero que se queda moi ben na memoria:

Zum Zum Zum
Escatumbararibê
Escatumbararibê
Escatumbatinga
Auê sarubê abá
Escatumbararibê
Escatumbatinga.

Aquí vai a ligazón ao vídeo.

Atopada unha nova obra de Bach para órgano

Xeral No Comments »

Uns musicólogos da Universidade Martin Luther de Halle -Wittenberg (este de Alemaña) acharon unha composición para órgano de Johann Sebastian Bach da que só se coñecían ata agora os primeiros cinco compases.
Segundo comunicou a universidade, trátase dunha fantasía en torno ao coral de Bach «Wo Gott der Herr nicht bei uns hält», unha copia realizada polo compositor, organista e cantor de Leipzig Wilhelm Rust (1822-1892).
A composición foi analizada exhaustivamente polos expertos Hans-Joachim Schulze e Peter Wollny do arquivo de Bach en Leipzig, polo que a Universidade de Halle non ten dúbida algunha de que se trata dunha obra orixinal do compositor.

O piano - Unha presentación

Recursos Internet No Comments »

Isidro Vidal realizou hai un tempo unha interesante presentación sobre o piano, un instrumento musical cordófono que conseguiu unha grande difusión debido ás súas enormes posibilidades expresivas.
Premer na ligazón

Festival de Música “Espazos sonoros”

Xeral No Comments »

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organiza desde o 9 de abril ata o 14 de xuño, en catedrais, igrexas, pazos… un festival de música co nome Espazos Sonoros.

Desenvolveranse 5 ciclos de concertos: Ciclo de Cámara, Ciclo de Música Antiga, Ciclo de Órgano, Ciclo Vogal e Ciclo de Outros Sons.

Semella unha proposta interesante e un xeito de pór en valor o patrimonio galego tanto arquitectónico coma musical, así como promocionar a artistas e grupos galegos ou doutros países.

Fugueta 1 - Haendel

Partituras Haendel No Comments »

As Seis fuguetas de Haendel poden constituir un bo material para iniciarse e traballar o estilo contrapuntístico dun xeito agradable.

Como exemplo, aquí está a Fugueta nº 1

icon for podpress  Fugueta nº 1 - Haendel: Download

NtEdit - Sucesor de Noteedit

Xeral No Comments »

NtEd é o novo sucesor de Noteedit para Linux desde que este quedase na versión 2.8.1 NtEd atópase en plena fase de desenvolvemento, concretamente na versión 0.20-1. Baséase na nova libraría gráfica Cairo que permite traballar en modo WYSIWYG.

Orquestra de botellas

Música para escoitar No Comments »

Unhas cantas botellas de diferentes tamaño e grosor, con diferente cantidade de líquido pode ser un instrumento de vento e de percusión, evidentemente. Neste vídeo pódese comprobar como case soan o conxunto de botellas… coma unha verdadeira orquestra!


Feito con WordPress | WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entradas RSS Comentarios RSS Login